A Unidade de Diagnóstico e Tratamento de enfermidades Metabólicas conxénitas da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza organiza o VII encontro Galego e IV Reunión Hispano Lusa sobre retos nos erros innatos do metabolismo, que acolleu onte en Santiago a preto dun cento de expertos nacionais e portugueses na materia. O encontro foi inaugurado pola xerente da área sanitaria compostelá, Eloína Núñez, e pola xefa de Servizo de Neonatoloxía do Hospital Clínico, Luz Couce.