Con motivo do "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor" o Goberno municipal recorda que, entre outros aspectos, ler mellora a expresión oral, aumenta a nosa comprensión e a nosa capacidade comunicativa, potencia a memoria, esperta a imaxinación e mantennos informados. Por iso, a través dunha campaña en redes baixo o hastag #Compostelalenacasa, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e distintos concelleiros recomendan a lectura de varios libros, e destacan o enorme potencial literario que ten Galicia.
O vindeiro 23 de abril, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal invita ás compostelás e
aos composteláns a sumarse á celebración do Día do Libro