Esta operación, que se desenvolverá durante dous anos ampliables a tres, inclúe actuacións de vixilancia, atención a incidencias e conservación ordinaria do trazado, preservando os valores patrimoniais e a seguridade do peregrino
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito a Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, asistiu onte a unha xuntanza presidida pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que se deu conta do avance dos traballos de mellora e integración paisaxística dos Camiños de Santiago na súa entrada no termo municipal