O Goberno galego estenderá ata o ano 2023 os actuais descontos aplicados nas dúas autoestradas: nos itinerarios de volta no mesmo día, e en horario nocturno, cun investimento total de 4,7 millóns de euros
Segundo o previsto polo departamento de Infraestruturas da Xunta, a partir do 1 de outubro de 2019 implantarase esta nova bonificación, neste caso do 50% en horario nocturno, entre as 0:00 e as 6:00 horas de mañá